Eventos públicos

Maxia na túa localidade!

En Magia en la Manga queremos levar o noso saber facer a todo tipo de eventos e a todos os públicos. Por ese motivo, temos un gran abanico de servizos para programar en festas locais, asociacións culturais, establecementos… segue lendo para descubrir toda a nosa oferta!

A igualdade non ten truco

A igualdade non ten truco é un espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.

Saber máis...

Ilusións do Camiño

Que mellor maneira de descubrir os segredos do Camiño de Santiago que cunha gala de maxia con catro magos na que faremos un percorrido máxico polas mellores historias marabillosas arredor do Camiño.

Saber máis...

The Best Magic Trick in the World

Acompañamos ao atoleirado mago Charles Munro nunha viaxe arredor do mundo totalmente en inglés para descubrir a importancia de coñecer e respectar outras culturas.

Saber máis...

Hoxe toca... maxia!

Espectáculos de maxia unipersoais a cargo dun mago de Magia en la Manga que non deixarán indiferente a ninguén. Ideais para o teatro ou auditorio da túa localidade!

Saber máis...

Os obradoiros

Moitas nenas e nenos senten moita curiosidade pola maxia e a moitas e moitos encantaríalles coñecer algúns dos segredos mellor gardados dos mellores ilusionistas. Que mellor maneira de aprender estes incribles trucos de maxia da man de auténticos magos profesionais!

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.