Hoxe toca... maxia!
Calquera día pode ser un día de maxia!
Cada mago de Magia en la Manga ten no seu haber unha ampla experiencia sobre os escenarios, e como compañía dispoñemos dunha gran oferta de espectáculos de maxia unipersoais que non deixarán indiferente a ninguén. Ideais para o teatro ou auditorio da túa localidade, ou tamén para calquera asociación cultural ou entidade da túa zona; sen dúbida, estes espectáculos farán as delicias de calquera público en calquera celebración!


Os espectáculos Hoxe toca… maxia! están pensados para sacar o máximo partido a calquera escenario co obxectivo de sorprender e divertir a nenos e adultos cunha maxia visual, entretida, participativa e abraiante.
Ademais, en Magia en la Manga queremos que cada evento sexa único e especial, e por iso podemos adaptarnos a cada localidade e personalizar a nosa maxia. Ben sexa nunha festa local, nunha feria de época ou nunha data destacada, un mago é o complemento perfecto para dinamizar a festa e entreter e sorprender a toda a familia.
Ficha técnica
- Creación e dirección: Magia en la Manga
- Intérpretes: Óscar Fernández, Xulio Merino, Sara Rodríguez ou Carlos Tomico
- Duración: 60 minutos
- Espazo escénico mínimo: 8x4 m
- Personalizable a cada evento
- Ideal para teatros e auditorios
- Dispoñible en galego ou en castelán
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.