Maxia educativa
Maxia educativa
A maxia consegue espertar a curiosidade e a fascinación dos máis pequenos, e por iso a maxia educativa combina misterio e diversión con educación en contidos, valores e competencias esenciais.
Para levar esta maxia a colexios, institutos e bibliotecas de toda Galicia, en Magia en la Manga contamos cunha ampla oferta de espectáculos e obradoiros de maxia educativa, con temáticas diferentes e con diferentes versións para axeitarse ás idades dos alumnos. Tamén podemos adaptar o formato ás necesidades de cada centro: actividades presenciais, online, sesións curtas por aulas… Consúltanos!
Os espectáculos
Os espectáculos de Magia en la Manga procuran sempre o maior entretemento e sorpresa, pero sen esquecer que sexan instrutivos; adaptamos os espectáculos ás idades e coñecementos do público para cativar o seu interese e introducir contidos, valores e competencias de xeito ameno a través da maxia.
A igualdade non ten truco
A igualdade non ten truco é un espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.
Saber máis...The Best Magic Trick in the World
Acompañamos ao atoleirado mago Charles Munro nunha viaxe arredor do mundo totalmente en inglés para descubrir a importancia de coñecer e respectar outras culturas.
Saber máis...Hoxe toca... maxia!
Aprender é moi importante, pero divertirse é necesario! Para eses días especiais do ano escolar nos que só se trata de pasalo ben, velaquí un espectáculo de maxia divertido, participativo e sobre todo moi máxico.
Saber máis...No Nadal toca... maxia!
As festas de Nadal sempre son unha ocasión especial, e poden ser aínda máis máxicas co espectáculo temático de Nadal de Magia en la Manga!
Saber máis...En Samaín toca... maxia!
Poucos días hai no ano tan misteriosos e máxicos como Samaín, e para pasalo de medo non hai nada mellor que con moita maxia!
Saber máis...Os obradoiros
Moitas nenas e nenos senten moita curiosidade pola maxia e a moitas e moitos encantaríalles coñecer algúns dos segredos mellor gardados dos mellores ilusionistas. Que mellor maneira de aprender estes incribles trucos de maxia da man de auténticos magos profesionais!
The Magic Workshop
“Learning by doing”, ou aprender facendo, é unha das maneiras máis efectivas e divertidas de aprender unha lingua estranxeira. Este obradoiro de maxia é impartido completamente en inglés e fomenta o uso do inglés nos participantes ao mesmo tempo que aprenden divertidos e enxeñosos xogos de maxia adaptados á súa idade e ao seu nivel.
Resolvendo imposibles
Quen ía dicir que as matemáticas podían ser máxicas e sorprendentes? Neste obradoiro aprenderemos enxeñosos trucos de maxia baseados en sinxelos pero interesantes principios matemáticos. Probabilidade, álxebra, combinatoria, xeometría… son algunhas das ferramentas que empregaremos para demostrar a maxia das matemáticas.
Maxia no estoxo
Non hai mellor maxia que a que se pode facer con obxectos comúns do día a día. Neste obradoiro aprenderemos xogos de maxia con lápices, ceras de cores, gomas elásticas, papeis… e veremos que e as mochilas e estoxos están cheos de pequenos milagres cos que sorprender a amigos e familiares.
Preguntas frecuentes
Para que idades están pensadas as actividades?
En que espazos se poden realizar?
Canto duran as actividades?
Pódense facer varios pases no mesmo día?
Cantos alumnos poden participar?
Só se poden realizar en colexios e institutos?
Ata onde vos desprazades?
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.