A ilusión de ler
Descubre a maxia dos libros
Achégate a vivir unha aventura máxica polo universo dos libros. Descubriremos que a verdadeira maxia está agochada nas súas páxinas, onde os personaxes cobran vida e as historias se converten en asombrosos trucos de ilusionismo. Un espectáculo interactivo que demostra que non hai mellor feitizo que o dunha boa lectura.
Empregando libros clásicos e modernos como fío conductor, a maga ou o mago, animarán aos máis cativos a descubrir as aventuras que se agochan nos libros.
Este espectáculo de animación á lectura é ideal para calquera época do ano, pero cobra especial sentido no día do libro, no día das bibliotecas ou no día das Letras Galegas.
Características
- Duración de 50 minutos.
- Dispoñible en galego e castelán.
- Versións do espectáculo diferentes para Educación Infantil e Primaria.
- Posibilidade de facer varias funcións para diferentes grupos de idades no mesmo día.
- Inclúe fondo de escenario temático.
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.
