Escola de maxia

Os magos de Magia en la Manga posando na escola de maxia en Vigo.

Aprende a facer maxia connosco!

Queres aprender os segredos mellor gardados dos ilusionistas? Sempre quixeches facer maxia e dáche toda a rabia non saber como? Atopaches o teu sitio! Un espazo completamente novo e pensado ao detalle para que a túa experiencia de descubrir a maxia sexa inmellorable, teñas a idade que teñas. A que esperas? Aprende cos magos de Magia en la Manga na primeira escola de ilusionismo de Vigo e de Galicia!

Interior do Espazo Magia en la Manga, primeira escola de maxia de Vigo.

A Escola de Magia en la Manga é o lugar perfecto para que calquera que o desexe poida adentrarse no fascinante mundo da maxia. Temos cursos regulares de maxia para ir aprendendo aos poucos, así como talleres puntuais para aprender algúns trucos cos que deixar pampos aos teus amigos e familiares. Ademais, son para todo o mundo e con todas as facilidades: desde cero ou para coñecedores, para todas as idades, con todo o material necesario incluído, da man de ilusionistas profesionais e en pleno centro histórico de Vigo. Apúntaste?

  • Grupos reducidos.
  • Aprendizaxe adaptada a idades e niveis.
  • Material incluído.
  • A cargo de ilusionistas profesionais.
  • Enfoque lúdico e variado.
  • Apoio audiovisual.
  • Equipamento técnico profesional.
  • Biblioteca especializada.
  • Sen matrícula nin permanencia.
  • Espectáculos de alumnos cada trimestre.

O espazo

O Espazo Magia en la Manga é a base de operacións da compañía e o espazo perfecto para aprender maxia nunhas condicións inmellorables. Un espazo amplo e diáfano, facilmente adaptable ás necesidades de cada grupo e de cada clase, con equipamento técnico profesional, e no que se respira a maxia en cada recuncho! Achégate a visitalo, estamos seguros de que che vai sorprender.

  • Espazios amplos y adaptables a cada grupo e a cada clase.
  • Sala con equipamento técnico de iluminación e son profesional.
  • Escenarios para maxia de cerca e para maxia de salón.
  • Biblioteca de libros de maxia ao dispor do alumnado.
  • Situado no Casco Vello de Vigo, a menos de 5 minutos da Porta do Sol e do Concello.
  • Pódese chegar en coche para carga e descarga.

Preguntas frecuentes

Son un pouco torpe, non fai falta ter moita habilidade para facer maxia?
Pero eu non sei nada de maxia! Podo apuntarme?
As clases son para nenos? Para adultos? Hai límite de idade?
Que material hai que levar? Creo que teño unha baralla por aí nalgún caixón…
Pois eu xa levo un tempo aprendendo maxia pola miña conta. Tedes clases para min?

Contacto

Tes algunha dúbida sobre a escola? Ponte en contacto connosco e pregúntanos sen compromiso!