Sobre nós
Maxia artística e profesional para todas as ocasións.
Magia en la Manga somos tres ilusionistas profesionais galegos que, despois de anos de experiencia nos escenarios por separado, compartimos unha mesma visión da maxia profesional, as mesmas inquedanzas artísticas e a mesma paixón polo ilusionismo.
É por iso que no 2018 comezamos este proxecto en conxunto, que continúa hoxe sen deixar de aprender polo camiño e sen perder a nosa visión.
Por que somos diferentes?
Ao sermos tres magos diferentes, cada un cun estilo, forma de facer e especialidades de seu, podemos ofrecer maxia para calquera tipo de eventos. Desde maxia en teatros e auditorios, ata maxia de cerca para públicos reducidos; maxia en recepcións e cócteles, a sesións privadas con ambiente íntimo; e desde maxia para empresas, ata maxia familiar para todos os públicos.
Na nosa traxectoria, Magia en la Manga foi recoñecido no Pont-Up Store 2019 como mellor proxecto de emprendemento na categoría de Formación, Educación, Arte e Cultura pola súa orixinalidade, calidade e profesionalidade.
Quen somos?
Carlos Tomico
A mellor forma de describir a súa maxia é, como a el lle gusta chamala, “maxia con desgarbo”. Trátase dun estilo ecléctico, aparvado e surrealista, no que non queda claro quen ten a voz cantante, se o mago ou a maxia. Esta maneira de facer contrasta cunha coidada estética vintage que evoca a maxia clásica das primeiras décadas do século XX. Este contrapunto entre a elegancia e o absurdo resulta nunha maxia orixinal, divertida e sorprendente.
Sara Rodríguez
A maxia de Sara pódese definir como profesional, coidada e impactante, chea auténticos imposibles que deixarán abraiado a calquera público. A súa gran paixón é a maxia con cartas, e lévaa a outro nivel grazas á súa meticulosidade e atención ao detalle, como pode testemuñar calquera que a teña visto coa baralla nas mans. A pesares da súa aparencia formal e profesional, Sara sempre garda un as na manga. Sabe aderezar as súas actuacións cun humor cáustico e intelixente e coa súa singular retranca.
Óscar Fernández
Unha maxia chea de significado, pensada ao detalle e extremadamente impactante. O seu estilo pódese describir como vangardista, pero cunha marcada influencia dos grandes mestres da maxia clásicos e modernos. Para público familiar, Óscar preséntase como un mago moderno e pillabán. Porén, cando fai maxia de cerca para grupos reducidos, Óscar solta as rendas da súa faceta máis artística, contemporánea e subversiva, buscando provocar o pensamento do seu público.
Contacto
Non dubides en contactar connosco para calquera dúbida. Podes atoparnos tamén en redes sociais e estar ao tanto das nosas actuacións públicas.