O viaxeiro ilusionista
Cal é o mellor truco de maxia do mundo?
Que fascinantes segredos gardan os ilusionistas doutros países? Estas son as preguntas que intentaremos resolver nunha viaxe inolvidable polo mundo. Coa sua mochila chea de trucos e unha mente aberta, o mago percorreu continentes coleccionando os xogos de maxia máis antigos e sorprendentes de cada cultura.
Desde a China ata a India e Hawai, este espectáculo lúdico e interactivo ensina a importancia da diversidade e o respecto, demostrando que a maior maxia está na riqueza cultural.
Os alumnos aprenderán divertíndose a importancia de viaxar, aprender idiomas e de coñecer e respetar outras culturas.
Características
- Duración de 50 minutos.
- Dispoñible en galego e castelán.
- Versións do espectáculo diferentes para Educación Infantil e Primaria.
- Posibilidade de facer varias funcións para diferentes grupos de idades no mesmo día.
- Inclúe fondo de escenario temático cun mapa xigante.
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.
