No Nadal toca... maxia!
O Nadal máis máxico!
As festas de Nadal sempre son unha ocasión especial, e poden ser aínda máis máxicas co espectáculo temático de Nadal de Magia en la Manga! Ademais de ser participativo, divertido e moi máxico, o espectáculo dará un toque único á celebración cun fondo de escenario de Nadal e maxia pensada especialmente para estas datas.


Características
- Duración de 50 minutos.
- Dispoñible en galego, castelán e inglés.
- Inclúe decoración e fondo de escenario de Nadal.
- Versións do espectáculo diferentes para Educación Infantil e Primaria.
- Posibilidade de facer varias funcións para diferentes grupos de idades no mesmo día.
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.