Hoxe toca... maxia!

Que celebramos hoxe?

Aprender é moi importante, pero divertirse é necesario! Para eses días especiais do ano escolar nos que só se trata de pasalo ben, velaquí un espectáculo de maxia divertido, participativo e sobre todo moi máxico a cargo dun mago ou maga de Magia en la Manga.

Hoxe-toca-maxia-cartel

É o espectáculo perfecto para dar ese toque especial á festa de fin de curso, vésperas de festivos, ou calquera outro motivo de celebración no colexio ou instituto. Para estes tempos de pandemia, consulta tamén os formatos online e de sesións curtas por aulas, e agora tamén dispoñible para Educación Infantil!

Para festas como Nadal ou Samaín, bota unha ollada aos nosos espectáculos temáticos No Nadal toca… maxia! e En Samaín toca… maxia!

Características

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.