Ilusións do Camiño

Cartel do espectáculo de maxia sobre o Camiño de Santiago “Ilusións do Camiño”.

Un percorrido máxico

O Camiño de Santiago é unha fonte inesgotable de lendas e misterios, e que mellor maneira de descubrilos que a través da maxia!

Ilusións do Camiño é unha gala de maxia creada co gallo do ano Xacobeo, na que faremos unha viaxe máxica polas mellores historias marabillosas arredor do Camiño de Santiago. Cada un dos tres magos a cargo deste espectáculo conxunto aportará o seu xeito propio e a súa experiencia sobre as táboas para crear unha experiencia orixinal perfecta para este acontecemento tan especial.

Magos Miguel Ponce de León e Óscar Fernández no espectáculo “Ilusións do Camiño” no Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia.

Velaquí a proposta de Magia en la Manga para fomentar a bagaxe cultural dos diferentes camiños a Santiago, tanto en Galicia como polas rexións polas que pasan. As lendas máis incribles do Camiño serán o fío condutor para transportar o público a unha Galicia máxica, chea de misterios e cunha inmensa riqueza cultural.

Unha maxia para todos os públicos e pensada ao detalle, na que os magos interactúan non soamente cos espectadores, senón tamén entre eles para crear entre todos as nosas propias historias máxicas do Camiño.

Ficha técnica

  • Creación e dirección: Magia en la Manga
  • Intérpretes: Óscar Fernández, Sara Rodríguez, Carlos Tomico
  • Duración: 80 minutos
  • Espazo escénico mínimo: 8x4 m
  • Ideal para teatros e auditorios
  • Dispoñible en galego ou en castelán
Magos Sara Rodríguez e Carlos Tomico no espectáculo “Ilusións do Camiño” no Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia.

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.