Quen quere ser mago?

Aprende a ser mago por un día!

Quen non sentiu algunha vez curiosidade por aprender a facer maxia? Con este obradoiro de maxia, velaquí unha ocasión perfecta!

Os participantes farán trucos moi sinxelos pero que deixarán marabillados a calquera, con obxectos do día a día: cartas, moedas, bolígrafos, caixas de mistos… Axeitado para todos os públicos, nunca é demasiado cedo nin demasiado tarde para adentrarse no mundo da maxia!

quen-quere-ser-mago

Da man dun auténtico mago profesional, os participantes descubrirán algúns dos segredos mellor gardados dos ilusionistas para poder eles mesmos sorprender os seus amigos e familiares.

Os xogos de maxia son sinxelos de realizar e todo o material necesario vén incluído no obradoiro en bolsas individuais. Ademais, o obradoiro é totalmente personalizable, polo que podemos adaptar a temática e o material para facer de cada evento unha ocasión especial: festas locais, feiras de época, datas sinaladas… Consúltanos!

Características

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.