Empresas

Maxia para a empresa de hoxe

No mundo corporativo, cada vez e maior a necesidade de destacar con estratexias novedosas e orixinais. A maxia ofrece un enorme abanico de ferramentas para todos os niveis do ámbito empresarial, e en Magia en la Manga temos o que precisas para personalizar o teu evento de empresa e transformalo nun acontecemento inesquecible. Consúltanos sen compromiso!

Maxia corporativa

Ben sexa nunha celebración de empresa, para un cóctel, no stand dunha feira especializada ou durante a presentación dun novo produto a clientes ou inversores, a maxia é un recurso inigualable para captar a atención e transmitir calquera mensaxe de xeito orixinal, entretido e sorprendente. Personalizamos completamente a nosa maxia á identidade da túa marca e á mensaxe para clientes, empregados, inversores… para crear unha experiencia única no teu evento corporativo.

  • Diversos formatos: espectáculo, maxia itinerante, mestre de cerimonias...
  • Dispoñible en galego, castelán, inglés e portugués.
  • Completamente personalizado á marca e ao evento.
Espectáculo de maxia para un evento corporativo do Salón de Empresarias de Galicia.

Team Building

O obxectivo dunha actividade de team building é xerar dinámicas de grupo positivas e mellorar o ambiente de traballo, e por medio da maxia podemos conseguir exactamente iso e moito máis. Os participantes aprenderán impactantes e divertidos xogos de maxia en grupo, o que lles dará ferramentas psicolóxicas e comunicativas orixinais, estimulará o seu enxeño e creatividade e creará unha atmosfera de compañerismo inigualable.

  • Obradoiros de maxia accesibles, divertidos e participativos.
  • Dispoñibles en galego, castelán, inglés e portugués.
  • Completamente personalizados e adaptados ás necesidades de cada empresa.
Xente arredor dun mago que fai maxia con cartas nun evento corporativo en Vigo (Galicia).

Family Day

Cada vez procuramos involucrar máis ás familias no ambiente laboral, e é por iso que deseñamos unha gran variedade de actividades que conseguirán crear momentos inesquecibles para compartir entre familias e compañeiros de traballo a través da maxia. Espectáculos familiares, obradoiros de maxia para todas as idades, maxia educativa… Pregúntanos!

  • Gran oferta de formatos e actividades.
  • Dispoñibles en galego, castelán, inglés e portugués.
  • Completamente personalizado e adaptado ás túas necesidades.
  • Actividades aptas para todas as idades.
Mago nun evento corporativo para público familiar en Galicia.

Ceas de empresa

As ceas de empresa no Nadal, o aniversario da compañía ou calquera outra celebración son a ocasión perfecta para introducir unha sorpresa orixinal, divertida e sorprendente. A maxia reúne todo iso e moito máis, e en Magia en la Manga asegurarémonos de que a túa cea de empresa sexa un evento que non deixe indiferente a ninguén.

  • Diversos formatos: maxia de sobremesa, espectáculo, maxia itinerante en cóctel...
  • Dispoñible en galego, castelán, inglés e portugués.
  • Completamente personalizado ao evento.
Mago facendo un número de maxia de cerca para unha cea de empresa.

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia ao teu evento corporativo, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de adaptarnos ás túas necesidades.