Particulares

Maxia no teu evento

Unha das nosas señas de identidade é poder facer maxia en calquera tipo de evento, de xeito totalmente personalizable e tendo en conta as necesidades e características de cada celebración: maxia en aniversarios, comunións, vodas… Consúltanos sen compromiso!

Comunións

A primeira comunión é un evento especial para toda a familia e marca o comezo dunha nova etapa na vida para o homenaxeado ou homenaxeada. Todos os esforzos céntranse en facer este día inesquecible, e por iso en Magia en la Manga deseñamos un espectáculo de maxia para primeira comunión profesional, divertido e sorprendente que ficará no recordo de todos os presentes.

  • Duración de 60 minutos.
  • Apto para todas as idades, nenos e adultos divírtense por igual!
  • Dispoñible en galego, castelán, inglés e portugués.
  • Pode incluír caixa de maxia de agasallo!
Mago en Vigo (Galicia) facendo un número de maxia familiar nun evento ao aire libre.

Vodas

Cada voda é única e cada detalle conta para que a experiencia sexa inesquecible para a parella e para todos os convidados. Por iso, a profesionalidade, a fiabilidade e a calidade son imprescindibles, e a maxia para vodas de Magia en la Manga reúne todas estas calidades co propósito de crear momentos especiais para a parella e dar un toque diferente, sorprendente e orixinal a cualquera voda.

  • Totalmente personalizable.
  • Maxia itinerante para a recepción, espectáculo para todos, ou combina os dous!
  • Dispoñible en galego, castelán, inglés e portugués.
Maxia de cerca con cartas nunha voda en Pontevedra (Galicia).

Aniversarios

A maxia en aniversarios ten que ser divertida, sorprendente e moi participativa! Tanto o neno ou nena de aniversario como os convidados vivirán momentos de ilusión e diversión inesquecibles nese día tan especial. Pero a maxia de aniversario non é só para nenos, podemos facer maxia no día especial de calquera persoa de calquera idade!

  • Ideal para aniversarios de calquera idade.
  • Duración de 60 minutos.
  • Dispoñible en galego, castelán, inglés e portugués.
  • Pode incluír caixa de maxia de agasallo!
Ilusionista fai un espectáculo de maxia familiar nun aniversario ao aire libre en Vigo (Galicia).

Outros

A maxia é o complemento perfecto para calquera celebración. Por iso, non dubides en consultarnos para ver como podemos personalizar os nosos servizos e axeitarnos ao teu evento!

  • Totalmente personalizable.
  • Dispoñible en galego, castelán, inglés e portugués.
  • Consúltanos sen compromiso!
Número de maxia de cerca para un evento privado.

Contacto

Se queres levar a nosa maxia á túa celebración, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ás túas necesidades.