The Best Magic Trick in the World
Cal é o mellor truco de maxia do mundo?
Que fascinantes segredos gardan os ilusionistas doutros países? Estas son as preguntas que intentará responder o atoleirado mago Charles Munro nunha viaxe arredor do mundo para descubrir novas formas de facer maxia e a importancia de coñecer e valorar outras culturas. Un espectáculo completamente en inglés no que o público empregará o idioma de xeito natural e lúdico para interactuar todo o tempo co mago.


The Best Magic Trick in the World é a proposta de Magia en la Manga de maxia educativa en inglés. Un espectáculo interactivo e dinámico, íntegramente en inglés, no que os alumnos, case sen decatarse, aprenderán inglés mentres se divirten e se sorprenden coa maxia.
Todo o contido do espectáculo está pensado para poder adaptarse á idade e ao nivel do público, mesmo durante a actuación, e así garantir a comprensión do espectáculo.
O mago
Antes de dedicarse profesionalmente á maxia, Carlos Tomico dedicou grande parte do seu tempo a estudar e ensinar inglés. Graduado en Tradución e Interpretación, con conexións persoais en Escocia e profesor de inglés con experiencia no ensino privado de todas as idades, poucas cousas hai que lle apaixonen tanto como a lingua inglesa (a maxia e o swing, quizais).
No seu tempo como profesor, Carlos empregou case exclusivamente o método comunicativo, con énfase no inglés falado, na repetición de estruturas e en learning by doing ou “aprender facendo”. Todas estas ferramentas empréganse no espectáculo para garantir non só a comprensión, senón tamén a comunicación orgánica e natural entre o mago e o público.


Características
- Duración de 50 minutos.
- Íntegramente en inglés.
- Mago con experiencia no ensino de inglés a todas as idades.
- O mago adapta o seu inglés ao nivel de cada público en tempo real.
- Catro versións para diferentes grupos de idades: 1º-3º EP, 4º-6º EP, ESO, Bacharelato.
- Posibilidade de facer varias funcións da mesma ou diferente versión no mesmo día.
Obxectivos
- Motivar a aprendizaxe do inglés a través da maxia.
- Comprender e empregar o inglés nun contexto lúdico.
- Reforzar a percepción do inglés como ferramenta comunicativa útil.
- Introducir e reforzar vocabulario e estruturas gramaticais adaptadas ás idades e niveis.
- Fomentar a apreciación doutras culturas e formas de comunicarse.
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.