The Best Magic Trick in the World

Cartel do espectáculo The Best Magic Trick in the World.

Cal é o mellor truco de maxia do mundo?

Que fascinantes segredos gardan os ilusionistas doutros países? Estas son as preguntas que intentará responder o atoleirado mago Charles Munro nunha viaxe arredor do mundo para descubrir novas formas de facer maxia e a importancia de coñecer e valorar outras culturas. Un espectáculo completamente en inglés no que o público empregará o idioma de xeito natural e lúdico para interactuar todo o tempo co mago.

Mago sobre o escenario durante o espectáculo de maxia en inglés “The Best Magic Trick in the World” nun colexio en Pontevedra (Galicia).

The Best Magic Trick in the World é a proposta de Magia en la Manga de maxia educativa en inglés. Un espectáculo interactivo e dinámico, íntegramente en inglés, no que os alumnos, case sen decatarse, aprenderán inglés mentres se divirten e se sorprenden coa maxia.

Todo o contido do espectáculo está pensado para poder adaptarse á idade e ao nivel do público, mesmo durante a actuación, e así garantir a comprensión do espectáculo.

Inclúe unha unidade didáctica!

Ademais do espectáculo, poderás acceder a unha plataforma online cunha unidade didáctica adaptable a calquera nivel de inglés en Educación Primaria! Os contidos están distribuídos en cinco leccións completas con vídeos, actividades, ideas para docentes, e ata unha páxina web interactiva. Con este material versátil, visual e divertido poderás traballar competencias e contidos de inglés, ademais de crear expectación nos alumnos sobre a chegada do mago Charles Munro ao colexio!

A unidade didáctica inclúe:

  • Unha páxina web interactiva
  • Vídeos con subtítulos opcionais
  • Actividades adaptables a todos os niveis educativos
  • Ideas e suxestións para docentes
Mago facendo un número de maxia durante o espectáculo de maxia en inglés nun colexio de Bormoio (A Coruña, Galicia).

Antes de converterse en mago profesional, Carlos Tomico adicou gran parte do seu tempo a estudar e ensinar inglés. É Graduado en Tradución e Interpretación cun Mestrado en Profesorado de Secundaria na Especialidade de Inglés, e é profesor con máis de cinco anos de práctica docente para todas as idades. Agora poñemos toda esta experiencia neste fantástico material co que poderás complementar o espectáculo e facer que os teus alumnos aprendan aínda máis!

Características

  • Duración de 50 minutos.
  • Íntegramente en inglés.
  • Mago con experiencia no ensino de inglés a todas as idades.
  • O mago adapta o seu inglés ao nivel de cada público en tempo real.
  • Catro versións para diferentes grupos de idades: 1º-3º EP, 4º-6º EP, ESO, Bacharelato.
  • Posibilidade de facer varias funcións da mesma ou diferente versión no mesmo día.

Obxectivos

  • Motivar a aprendizaxe do inglés a través da maxia.
  • Comprender e empregar o inglés nun contexto lúdico.
  • Reforzar a percepción do inglés como ferramenta comunicativa útil.
  • Introducir e reforzar vocabulario e estruturas gramaticais adaptadas ás idades e niveis.
  • Fomentar a apreciación doutras culturas e formas de comunicarse.

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.