En Samaín toca... maxia!

Imos pasalo de medo!

Poucos días hai no ano tan misteriosos e máxicos como Samaín, e para celebralo non hai nada mellor que con moita maxia! O noso espectáculo temático de Samaín está cheo de maxia sorprendente, divertida e pensada para a ocasión, ademais de incluír un fondo de escenario acorde co tema destas datas para facer de calquera celebración de Samaín ou Halloween un evento inesquecible.

en-samain-toca-maxia-cartel

Lendas e historias misteriosas, as pantasmas, as bruxas… Todos estes clásicos para non durmir están presentes no espectáculo En Samaín toca… maxia! Pero tranquilos, non por iso é un espectáculo que dea medo de verdade! O importante para nós é que a maxia sexa divertida, abraiante e apta para todos os públicos.

E con este espectáculo, transformamos o teatro ou auditorio nun lugar ideal para celebrar o Samaín grazas á escenografía que deseñamos especialmente para estas datas. Non o dubides, pasar o Samaín connosco é truco e trato!

Ficha técnica

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.