Ilusións do Camiño
Un percorrido máxico
O Camiño de Santiago é unha fonte inesgotable de lendas e misterios, e que mellor maneira de descubrilos que a través da maxia!
Ilusións do Camiño é unha gala de maxia creada co gallo do ano Xacobeo, na que faremos unha viaxe máxica polas mellores historias marabillosas arredor do Camiño de Santiago. Cada un dos catro magos a cargo deste espectáculo conxunto aportará o seu xeito propio e a súa experiencia sobre as táboas para crear unha experiencia orixinal perfecta para este acontecemento tan especial.
Velaquí a proposta de Magia en la Manga para fomentar a bagaxe cultural dos diferentes camiños a Santiago, tanto en Galicia como polas rexións polas que pasan. As lendas máis incribles do Camiño serán o fío condutor para transportar o público a unha Galicia máxica, chea de misterios e cunha inmensa riqueza cultural.
Unha maxia para todos os públicos e pensada ao detalle, na que os magos interactúan non soamente cos espectadores, senón tamén entre eles para crear entre todos as nosas propias historias máxicas do Camiño.
Ficha técnica
- Creación e dirección: Magia en la Manga
- Intérpretes: Óscar Fernández, Miguel Ponce de León, Sara Rodríguez, Carlos Tomico
- Duración: 80 minutos
- Espazo escénico mínimo: 8x4 m
- Ideal para teatros e auditorios
- Dispoñible en galego ou en castelán.
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.












