A igualdade non ten truco

Cartel do espectáculo de maxia en colexios e institutos “A igualdade non ten truco”.

Por que hai máis magos que magas?

É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas. A igualdade non ten truco é un espectáculo de maxia que procura promover a igualdade de xénero a través da arte do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas. Da man de Sara Rodríguez e Carlos Tomico, un espectáculo divertido e máxico, pensado para transmitir ademais unha mensaxe moi importante nestes tempos.

Maga e mago realizando un número de maxia durante o espectáculo de igualdade de xénero na Sala Ártika (Vigo, Galicia).

Unha maga e un mago forman este dúo para realizar misterios e imposibles que ademais nos levarán por diferentes ideas e conceptos do feminismo e da igualdade de xénero. Viaxes e transformacións inexplicables, un conto de fadas reinventado, ou unha volta atrás no tempo á época das primeiras e máis importantes magas; son algúns exemplos do que poderedes ver neste espectáculo cheo de sorpresas ata o final onde nada é o que parece.

Despois de ser representado en numerosos centros educativos de toda Galicia, cunha moi boa acollida tanto das alumnas e alumnos como do equipo docente, A igualdade non ten truco dá agora un salto aos escenarios cunha nova posta en escena e moita máis maxia!

Ficha técnica

  • Creación e dirección: Magia en la Manga
  • Intérpretes: Sara Rodríguez, Carlos Tomico
  • Duración: 60 minutos
  • Espazo escénico mínimo: 8x4 m
  • Ideal para teatros e auditorios
  • Dispoñible en galego ou en castelán
Unha membro do público participa nun truco de maxia durante o espectáculo de igualdade de xénero na Sala Ártika (Vigo, Galicia).

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.