En Samaín toca... maxia!

Cartel do espectáculo “En Samaín toca… maxia!”

Para pasalo de medo!

Poucos días hai no ano tan misteriosos e máxicos como Samaín, e para pasalo de medo non hai nada mellor que con moita maxia! O noso espectáculo temático de Samaín está cheo de maxia sorprendente, divertida e pensada para a ocasión, ademais de incluír un fondo de escenario acorde co tema destas datas para facer de calquera celebración de Samaín ou Halloween un evento inesquecible.

Foto de estudo de mago con fondo de escenario de Samaín.

Lendas e historias misteriosas, as pantasmas, as bruxas… Todos estes clásicos para non durmir están presentes no espectáculo En Samaín toca… maxia! Pero tranquilos, non por iso é un espectáculo que dea medo de verdade! O importante para nós é que a maxia sexa divertida, abraiante e apta para todos os públicos.

E con este espectáculo, transformamos o salón de actos, a biblioteca, a aula multiusos, o ximnasio ou case calquera outro espazo do centro nun lugar ideal para celebrar o Samaín grazas á escenografía que deseñamos especialmente para estas datas. Non o dubides, pasar o Samaín connosco é truco e trato!

Características

  • Duración de 50 minutos.
  • Dispoñible en galego, castelán e inglés.
  • Versións do espectáculo diferentes para Educación Infantil e Primaria.
  • Posibilidade de facer varias funcións para diferentes grupos de idades no mesmo día.
  • Inclúe fondo de escenario temático de Samaín.
Fondo de escenario temático do espectáculo “En Samaín toca… maxia!

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.