Singularia

De aquilo que é único ou singular

Singularia: de aquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non pode repetirse.

Singularia é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro. Singularia non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida ao público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.

singularia-cartel-galego

No perdas o trailer!

Un espectáculo familiar, único e participativo, ideal para teatros e auditorios.

Ficha artística

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.