Singularia
Próximamente...
Singularia: De aquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir.
Singularia é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro. Singularia non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida ao público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.
Ficha artística
- Intérprete: Sara Rodríguez
- Dirección: Gonzalo Albiñana
- Produción: Magia en la Manga
- Texto: Gonzalo Albiñana
- Asesoramento máxico: Gonzalo Albiñana
- Deseño de escenografía: Sara Rodríguez e Gonzalo Albiñana
- Enxeñaría escenográfica: Javier Franco
- Deseño de luces: Daniel Rodríguez
- Espazo sonoro: Eloy Fernández
- Axudante de rexiduría: Iago Saavedra
- Deseño gráfico: Adri Rodríguez
- Fotografía: Vanessa Rábade e Julia G. YánezAdri Rodríguez
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.
