No Nadal toca... maxia!
Descubre a maxia do Nadal
As festas de Nadal sempre son unha ocasión especial, e poden ser aínda máis máxicas co espectáculo temático de Nadal de Magia en la Manga! Ademais de ser participativo, divertido e moi máxico, o espectáculo dará un toque único á celebración cun fondo de escenario de Nadal e maxia pensada especialmente para estas datas.


Un espectáculo de maxia é o complemento ideal para calquera evento, e non será diferente para calquera evento durante o mes de Nadal! En Magia en la Manga queremos levar toda a maxia destas festas a toda Galicia e máis aló.
Para iso, transformamos calquera espazo no lugar perfecto para celebrar o Nadal con escenografía deseñada para a ocasión e adaptamos a nosa maxia con números inspirados en todo aquilo que fai do Nadal a festa preferida por moitos.
Ficha técnica
- Creación e dirección: Magia en la Manga
- Intérpretes: Óscar Fernández, Xulio Merino, Sara Rodríguez ou Carlos Tomico
- Duración: 60 minutos
- Inclúe escenografía temática de Nadal
- Espazo escénico mínimo: 8x4 m
- Ideal para teatros e auditorios
- Dispoñible en galego ou en castelán

Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.