Singularia

Próximamente...

Singularia: De aquilo que é único ou singular, aquilo que se emprega para destacar o excepcional, o fóra do común, o que non se pode repetir.

Singularia é unha viaxe onírica a un espazo irrepetible, como a mesma proposta, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Un espectáculo que nos enfronta a aquilo que nos distingue como persoas, aquilo que nos define e que tamén esperta a nosa imaxinación e renova o asombro. Singularia non é só un espectáculo de maxia, senón unha experiencia sensorial e emocional que convida ao público a redescubrirse a eles e elas mesmas e, ao mesmo tempo, redescubrir a beleza do misterio e do imposible.

singularia-cartel

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia á túa localidade, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos a cada evento.