Magos en Galicia

Magia en la Manga é unha compañía viguesa especializada en espectáculos de maxia para todo tipo de eventos. Formada por ilusionistas galegos con anos de experiencia sobre todo tipo de escenarios, as nosas prioridades son a calidade, a profesionalidade e a versatilidade para facer de cada evento unha ocasión especial para calquera público en toda Galicia. Maxia en eventos privados, maxia para empresas, maxia educativa… Consúltanos!

Servizos

MAXIA EDUCATIVA

Espectáculos e obradoiros de maxia para centros de ensino que combinan diversión e misterio con contido educativo, valores e competencias.

PARTICULARES

Espectáculos para comunións, vodas, aniversarios ou calquera celebración privada. A nosa prioridade é facer de cada evento unha ocasión única.

EVENTOS PÚBLICOS

Consulta a nosa oferta para asociacións, concellos, festas de época, festivais... Maxia pensada para calquera tipo de evento.

EMPRESAS

Actividades deseñadas para levar todos os beneficios da maxia ao mundo da empresa: obradoiros, eventos corporativos, presentacións de produto...

Galería

Clientes

Contacto

Non dubides en contactar connosco para calquera proposta ou evento. Podes atoparnos tamén en redes sociais e estar ao tanto das nosas actuacións públicas.

Personalizable
0 %
Anos de experiencia
+ 0
Ilusionistas
0
Actuacións por ano
+ 0