Escola de maxia
Aprende a facer maxia connosco!
Queres aprender os segredos mellor gardados dos ilusionistas? Sempre quixeches facer maxia e dáche toda a rabia non saber como? Atopaches o teu sitio! Un espazo completamente novo e pensado ao detalle para que a túa experiencia de descubrir a maxia sexa inmellorable, teñas a idade que teñas. A que esperas? Aprende cos magos de Magia en la Manga na primeira escola de ilusionismo de Vigo e de Galicia!


A Escola de Magia en la Manga é o lugar perfecto para que calquera que o desexe poida adentrarse no fascinante mundo da maxia. Temos cursos regulares de maxia para ir aprendendo aos poucos, así como talleres puntuais para aprender algúns trucos cos que deixar pampos aos teus amigos e familiares. Ademais, son para todo o mundo e con todas as facilidades: desde cero ou para coñecedores, para todas as idades, con todo o material necesario incluído, da man de ilusionistas profesionais e en pleno centro histórico de Vigo. Apúntaste?
Características
- Grupos reducidos
- Aprendizaxe adaptada a idades e niveis
- Material incluído
- A cargo de ilusionistas profesionais
- Enfoque lúdico e variado
- Apoio audiovisual
- Equipamento técnico profesional
- Biblioteca especializada
- Sen matrícula nin permanencia
- Espectáculos de alumnos cada trimestre
O espazo
O Espazo Magia en la Manga é a base de operacións da compañía e o espazo perfecto para aprender maxia nunhas condicións inmellorables. Un espazo amplo e diáfano, facilmente adaptable ás necesidades de cada grupo e de cada clase, con equipamento técnico profesional, e no que se respira a maxia en cada recuncho! Achégate a visitalo, estamos seguros de que che vai sorprender.
- Espazos amplos y adaptables a cada grupo e a cada clase
- Sala con equipamento técnico de iluminación e son profesional
- Escenarios para maxia de cerca e para maxia de salón
- Biblioteca de libros de maxia ao dispor do alumnado
- Situado no Casco Vello de Vigo, a menos de 5 minutos da Porta do Sol e do Concello
- Pódese chegar en coche para carga e descarga
Preguntas frecuentes
Diso nada, a maxia pode ser para todo o mundo. O único que hai que ter son ganas de aprender.
Non hai que saber nada, as clases son para toda persoa que se queira adentrar no mundo da maxia desde cero.
Temos cursos de maxia a partir dos 6 anos, e están adaptados para que cada grupo aprenda de xeito acorde coa súa idade.
Non te preocupes, o material está incluído no curso para que poidas empezar a facer maxia desde a primeira clase. Iso sí, recomendamos un caderno e un boli para tomar notas, pero o resto xa o tes aquí.
Tamén temos cursos avanzados para magas e magos avezados, pregúntanos!
Queres saber máis?
Tes algunha dúbida sobre a escola? Ponte en contacto connosco e pregúntanos sen compromiso!