En Samaín toca... maxia!
Para pasalo de medo!
Poucos días hai no ano tan misteriosos e máxicos como Samaín, e para pasalo de medo non hai nada mellor que con moita maxia! O noso espectáculo temático de Samaín está cheo de maxia sorprendente, divertida e pensada para a ocasión, ademais de incluír un fondo de escenario acorde co tema destas datas para facer de calquera celebración de Samaín ou Halloween un evento inesquecible.
Lendas e historias misteriosas, as pantasmas, as bruxas… Todos estes clásicos para non durmir están presentes no espectáculo En Samaín toca… maxia! Pero tranquilos, non por iso é un espectáculo que dea medo de verdade! O importante para nós é que a maxia sexa divertida, abraiante e apta para todos os públicos.
E con este espectáculo, transformamos o salón de actos, a biblioteca, a aula multiusos, o ximnasio ou case calquera outro espazo do centro nun lugar ideal para celebrar o Samaín grazas á escenografía que deseñamos especialmente para estas datas. Non o dubides, pasar o Samaín connosco é truco e trato!
Características
- Duración de 50 minutos.
- Dispoñible en galego, castelán e inglés.
- Versións do espectáculo diferentes para Educación Infantil e Primaria.
- Posibilidade de facer varias funcións para diferentes grupos de idades no mesmo día.
- Inclúe fondo de escenario temático de Samaín.
Queres saber máis?
Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.



