The Best Magic Trick in the World

Cartel d0 espectáculo The Best Magic Trick in the World.

Cal é o mellor truco de maxia do mundo?

Que fascinantes segredos gardan os ilusionistas doutros países? Estas son as preguntas que intentará responder o atoleirado mago Charles Munro nunha viaxe arredor do mundo para descubrir novas formas de facer maxia e a importancia de coñecer e valorar outras culturas. Un espectáculo completamente en inglés no que o público empregará o idioma de xeito natural e lúdico.

Mago sobre o escenario durante o espectáculo de maxia en inglés “The Best Magic Trick in the World” nun colexio en Pontevedra (Galicia).

The Best Magic Trick in the World é a proposta de Magia en la Manga de maxia en inglés para todos os públicos. Un espectáculo interactivo e dinámico, íntegramente en inglés, no que tanto pequenos como adultos gozarán dunha maxia sorprendente e orixinal ao tempo que se comunican en inglés, case sen decatarse!

Todo o contido do espectáculo está pensado para poder adaptarse ao nivel de inglés do público, mesmo durante a actuación, e así garantir a comprensión do espectáculo e a máxima diversión!

O mago

Antes de dedicarse profesionalmente á maxia, Carlos Tomico dedicou grande parte do seu tempo a estudar e ensinar inglés. Graduado en Tradución e Interpretación, con conexións persoais en Escocia e profesor de inglés con experiencia no ensino privado de todas as idades, poucas cousas hai que lle apaixonen tanto como a lingua inglesa (a maxia e o swing, quizais).

No seu tempo como profesor, Carlos empregou case exclusivamente o método comunicativo, con énfase no inglés falado, na repetición de estruturas e en learning by doing ou “aprender facendo”. Todas estas ferramentas empréganse no espectáculo para garantir non só a comprensión, senón tamén a comunicación orgánica e natural entre o mago e o público.

Bota un ollo ao tráiler para colexios!

Ficha técnica

  • Creación e dirección: Magia en la Manga
  • Intérprete: Carlos Tomico
  • Íntegramente en inglés
  • Duración: 60 minutos
  • Espazo escénico mínimo: 8x4 m
  • Ideal para teatros e auditorios
Mago Charles Munro sacando unha foto.

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.