Hoxe toca... maxia!

Cartel do espectáculo de maxia familiar “Hoxe toca…maxia!”

Calquera día pode ser un día de maxia!

Cada mago de Magia en la Manga ten no seu haber unha ampla experiencia sobre os escenarios, e como compañía dispoñemos dunha gran oferta de espectáculos de maxia unipersoais que non deixarán indiferente a ninguén. Ideais para o teatro ou auditorio da túa localidade, ou tamén para calquera asociación cultural ou entidade da túa zona; sen dúbida, estes espectáculos farán as delicias de calquera público en calquera celebración!

Mago Óscar Fernández realizando un número de maxia ao aire libre en Vigo (Galicia).

Os espectáculos Hoxe toca… maxia! están pensados para sacar o máximo partido a calquera escenario co obxectivo de sorprender e divertir a nenos e adultos cunha maxia visual, entretida, participativa e abraiante.

Ademais, en Magia en la Manga queremos que cada evento sexa único e especial, e por iso podemos adaptarnos a cada localidade e personalizar a nosa maxia. Ben sexa nunha festa local, nunha feria de época ou nunha data destacada, un mago é o complemento perfecto para dinamizar a festa e entreter e sorprender a toda a familia.

Ficha técnica

  • Creación e dirección: Magia en la Manga
  • Intérpretes: Óscar Fernández, Sara Rodríguez ou Carlos Tomico
  • Duración: 60 minutos
  • Espazo escénico mínimo: 8x4 m
  • Personalizable a cada evento
  • Ideal para teatros e auditorios
  • Dispoñible en galego ou en castelán
Mago Óscar Fernández nun espectáculo temático para o Salón do Libro de Pontevedra (Galicia).

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.