No Nadal toca... maxia!

Cartel do espectáculo “No Nadal toca… maxia!”

Descubre a maxia do Nadal

As festas de Nadal sempre son unha ocasión especial, e poden ser aínda máis máxicas co espectáculo temático de Nadal de Magia en la Manga! Ademais de ser participativo, divertido e moi máxico, o espectáculo dará un toque único á celebración cun fondo de escenario de Nadal e maxia pensada especialmente para estas datas.

Mago facendo un número de maxia de Nadal en Melide (A Coruña, Galicia).

Un espectáculo de maxia é o complemento ideal para calquera evento, e non será diferente para calquera evento durante o mes de Nadal! En Magia en la Manga queremos levar toda a maxia destas festas a toda Galicia e máis aló.

Para iso, transformamos calquera espazo no lugar perfecto para celebrar o Nadal con escenografía deseñada para a ocasión e adaptamos a nosa maxia con números inspirados en todo aquilo que fai do Nadal a festa preferida por moitos.

Ficha técnica

  • Creación e dirección: Magia en la Manga
  • Intérpretes: Óscar Fernández, Sara Rodríguez ou Carlos Tomico
  • Duración: 60 minutos
  • Inclúe escenografía temática de Nadal
  • Espazo escénico mínimo: 8x4 m
  • Ideal para teatros e auditorios
  • Dispoñible en galego ou en castelán
Foto de estudo de mago con fondo de escenario de Nadal.

Queres saber máis?

Se queres levar a nosa maxia educativa ao voso centro, non dubides en consultarnos! Procuraremos a mellor maneira de axeitarnos ao teu centro e ao teu alumnado.