Magos en Galicia

Magia en la Manga é unha compañía viguesa especializada en espectáculos de maxia para todo tipo de eventos. Formada por catro ilusionistas galegos con anos de experiencia sobre todo tipo de escenarios, as nosas prioridades son a calidade, a profesionalidade e a versatilidade para facer de cada evento unha ocasión especial para calquera público en toda Galicia. Maxia en eventos privados, maxia para empresas, maxia educativa… Consúltanos!

Servizos

MAXIA EDUCATIVA

Espectáculos e obradoiros de maxia para centros de ensino que combinan diversión e misterio con contido educativo, valores e competencias.

PARTICULARES

Espectáculos para comunións, vodas, aniversarios ou calquera celebración privada. A nosa prioridade é facer de cada evento unha ocasión única.

EVENTOS PÚBLICOS

Consulta a nosa oferta para asociacións, concellos, festas de época, festivais... Maxia pensada para calquera tipo de evento.

EMPRESAS

Actividades deseñadas para levar todos os beneficios da maxia ao mundo da empresa: obradoiros, eventos corporativos, presentacións de produto...

Galería

Clientes

Contacto

Non dubides en contactar connosco para calquera proposta ou evento. Podes atoparnos tamén en redes sociais e estar ao tanto das nosas actuacións públicas.

0 %
Personalizable
+ 0
Anos de experiencia
0
Ilusionistas
+ 0
Actuacións por ano